Morre un home no incendio dunha vivenda en Aranga
Un incendio rexistrado na madrugada deste mércores no municipio coruñés de Aranga deixou unha vítima mortal. Un home de 87 anos perdeu a vida tras quedar atrapado dentro dunha casa que ardeu por completo na parroquia de Pedramaior. A Garda Civil investiga as causas do lume.
Segundo informou o 112 Galicia, o lume comezou ao redor das 02:00 horas da madrugada, cando varios veciños alertaron a Emerxencias de que unha construción, situada á beira dunha vivenda habitada e próxima a unha explotación gandeira, estaba a arder. A vivenda afectada atopábase deshabitada, aínda que o falecido estaba no seu interior no momento en que se desataron as chamas.
Todo apunta a que a orixe do incendio estivo nunha lareira que se descontroló, propagar rapidamente até calcinar por completo a estrutura.
A vítima non puido abandonar a casa a tempo e quedou atrapada. A súa familia residía na vivenda contigua, pero non percibiu o que estaba a suceder ata que un veciño deu a voz de alarma. A intensidade do lume e a dificultade para acceder ao interior impediron calquera manobra de auxilio neses primeiros instantes.
Operativo de emerxencias en Pedramaior
Até o lugar desprazáronse os bombeiros de Betanzos, o GES de Curtis, axentes da Garda Civil e profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Á súa chegada, os equipos de intervención confirmaron que había unha persoa no interior e, posteriormente, certificaron o seu falecemento. A vivenda quedou completamente destruída.
Escribe o teu comentario