Avellaneda recorre á voz experta do Eixo Atlántico no seu Seminario Internacional sobre Axenda Urbana

O ente transfronteirizo participa na cidade arxentina achegando a súa experiencia nun tema como o da cooperación internacional.


|

Whatsapp image 2025 09 10 at 02.54.04
Foto: Eixo Atlántico

 

Estes días está a celebrarse na cidade arxentina de Avellaneda un Seminario Internacional baixo o título 'Axenda Urbana e Desenvolvemento Territorial: fortalezas e oportunidades da cooperación internacional'. Parte do Gran Buenos Aires, nesta cidade coñecen ben a importancia da cooperación entre administracións, algo do que tamén son bos coñecedores no Eixo Altántico, organización convocada alén do Atlántico para participar e contar as leccións apresas na súa ampla experiencia tratando de tender ponte entre a Eurorrexión que conforman Galicia e o Norte de Portugal.

 

 

EXPERIENCIA PIONEIRA

De feito, o Eixo é unha voz máis que autorizada neste sentido, pois é a impulsora da primeira Axenda Urbana Transfronteiriza de Europa, unha proposta pioneira na que abordan temas de primeira orde como as guerras que están a ter lugar e que afectan de maneira sensible á política e economía europea, o cambio climático ou os efectos da pandemia da Covid-19. Foron o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, o coordinador da Aenda Urbana Transfronteiriza do Eixo Atlántico, José Soeiro, e o coordinador da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico, Francesc Cárdenas, os encargados de tomar a palabra neste seminario apoiado pola Unión Europea, a través dos proxectos URB3iS e Fronteira de laa Paz Sostible.


Académicos, representantes políticos, como algúns membros do goberno da rexión arxentina de Santa Fe, técnicos e distintas institucións tanto europeas como suramericanas, entre elas representantes de Mercociudades, déronse cita estes días para compartir os seus puntos de vista e consellos a fin de fortalecer as capacidades locais e lograr que as urbes sexan máis sostibles, resilientes e inclusivas. 

 

Whatsapp image 2025 09 10 at 02.54.05 24578b04
Foto: Eixo Atlántico

 

Vázquez Mao non oculta o feito de que Arxentina sexa "un país moi centralista" e que concentra cerca do 40% da súa poboación en Buenos Aires, como tampouco obvia un aspecto relevante como é o das eleccións municipais celebradas o ano pasado, dúas consideracións que, ao seu xuízo, "as cidades e territorios da periferia, como Avellaneda, queiran desenvolver un proceso autónomo de planificación, de definición e de deseño da cidade do futuro". 

 

Foi a traxectoria do Eixo a que animou aos responsables deste proxecto a contar coa perspectiva que ofrecen desde a Eurorrexión coa súa Axenda Transfronteiriza e coa experiencia adquirida na Axenda Urbana Binacional de Mercosur entre cidades de Uruguai e Brasil. 

 

 

"Este é un proxecto que nos deu moito prestixio, que saíu ben, e é motivo de que contacten connosco cando aquí queren facer unha Axenda Urbana", celebra Vázquez Mao, sendo este recoñecemento "un motivo de satisfacción" que permite ao Eixo participar e "aprender na experiencia destes territorios", ademais de dar voz e presenza aos expertos da entidade nesta parte do mundo. 

 

PROXECTO DE COOPERACIÓN TRIANGULAR

Non é nin moito menos a primeira chamada que recibe o Eixo alén do océano, pois participou na elaboración do primeiro Atlas de Mercosur co apoio da Comisión Europea, chamando a atención de gobernos de Uruguai, México, Cuba ou Cabo Verde para solicitar a axuda do ente transfronteirizo para desenvolver as súas políticas urbanas. 

 

 

Froito destas colaboracións, a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) vén de dar luz verde a un proxecto de cooperación triangular entre Cuba, Cabo Verde e México que moi pronto dará os seus primeiros pasos. 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE