Un detido en Pontevedra por intercambiar material pedófilo
Hai 40 homes arrestados en 17 provincias españolas. A Policía atopou imaxes de "extrema gravidade".
Identificaron a catro nenas vítimas.
A Policía Nacional detivo 40 homes, un deles en Pontevedra, entre os que se atopan profesores, enxeñeiros ou empregados públicos, que intercambiaban material pedófilo de "extrema gravidade", segundo a categorización establecida polo proxecto 'Baseline' de Interpol, na internet.
Nun comunicado, a Policía informou de que practicou 42 rexistros domiciliarios por toda a xeografía española (en 17 provincias), nos que interveu numerosos computadores portátiles, máis de 100 discos duros, discos compactos e DVD's.
Entre os detidos atópanse profesores, enxeñeiros, empregados públicos ou autónomos, desempregados e xubilados. Accedían á dark web e tentaban eludir así a identificación policial.
Uno dos detidos en Alacante, ademais de distribuír material ilegal pola rede, acosaba a menores para conseguir imaxes de contido sexual, que posteriormente editaba e subía a Internet, feito polo que foron identificadas catro nenas vítimas de acoso sexual.
Os especialistas están a analizar todo o intervido a fin dedeterminar a posible existencia dun delito de produción de material pedófilo, abusos sexuais sobre menores por parte dalgún dos identificados ou a existencia de conexións con outros pederastas cos que puidesen interactuar na rede.
Escribe o teu comentario