O informe da reestruturación bancaria pon ao BNG en pé de guerra contra a Xunta

Noa Presas reprochou a actitude do Goberno galego na comisión de Economía, despois de que lle aprazarán unha pregunta. 


|

BNG comisiu00f3n economia


O BNG mostrou o seu enfado por medio da deputada Noa Presas na comisión de Economía, despois de que a Xunta haxa aprazado unha pregunta na que debía responder sobre a elaboración dun informe acerca das consecuencias en Galicia da reestruturación bancaria e a concentración de entidades. Ao obter por resposta o silencio da Administración, Presas reprochou ao Goberno do PP a súa forma de actuar en relación ao Parlamento galego, pois considera que o adiamento dunha pregunta ten que estar "motivada", pero cre que neste caso non o está.


Do mesmo xeito, a deputada nacionalista sinala que "alguén" do Goberno autonómico "debería estar capacitado para responder" a se "10 meses despois" do acordo parlamentario que emprazaba á elaboración deste informe sobre cumpriuse ou non con esta tarefa. Ademais, criticou que "preocupa que a Xunta non cumpra cos seus deberes" ao "incumprir a lei de transparencia" de 2016, na que se fixa que ao final de cada ano haberá un informe do grao de cumprimento de acordos nese exercicio. Deste xeito, dixo que os deputados están "fartos" de que a Xunta non conteste as súas preguntas, mentres "incumpre sistematicamente todos os acordos aos que se chega a esta Cámara".


Durante esta intervención estivo presente o director xeral de Planificación e Orzamentos, Miguel Corgos, que se limitou a contestar as queixas de Noa Presas emprazando a resposta á seguinte reunión. Á súa vez, Corgos deu conta da pregunta do BNG que se abordaba nese momento, relativa á situación económica dos fogares galegos, sobre a que dixo que "mostra unha evolución na boa dirección". Tamén sinalou que "hai unha prioridade" da Xunta para axudar ás familias con máis dificultades económicas.

relacionada O BNG reivindica a solvencia dos seus gobernos municipais de cara ás próximas eleccións
relacionada ​O BNG reclama máis competencias sobre impostos e vías para mellorar as pensións

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE