​A factura da luz subirá para devolverlles ás eléctricas impostos cobrados en 2013

A Xunta asegura que "vai recorrer, sen ningunha dúbida", a subida. A CIG sitúa a cantidade en varias "ducias de millóns de euros".


|

Eolicaaerogeneradores


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou este mércores que a Xunta "vai recorrer, sen ningunha dúbida", a decisión do Ministerio de Enerxía de repercutir na factura da luz dos consumidores galegos o canon eólico que no ano 2013 se lles cobrou ás empresas do sector.


Estas declaracións prodúcense por mor da publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE), este martes, dunha orde do ministerio que advirte da subida da factura da luz nas comunidades nas que en 2013 se gravou a actividade eléctrica. En Galicia ese ano cobróuselles o canon eólico ás empresas do sector polo impacto visual e ambiental dos aeroxeradores.


Rueda afirmou que o canon eólico "non é un tributo por consumo eléctrico", polo que "non hai razón para que se decida que hai que repercutilo na factura eléctrica".


Rueda lembrou que este imposto "permitiu que concellos galegos se beneficiasen de millóns de euros para facer obras relacionadas co medio ambiente" e insistiu en que se finalmente se aplica na factura eléctrica dos galegos a Xunta "vai a recorrer". "Non estamos de acordo e non é unha decisión adecuada", resolveu.


VALORES PARA CADA COMUNIDADE


A orde publicada no BOE non só recolle o canon eólico para o caso de Galicia, senón tamén o de saneamento e os imposto sobre contaminación atmosférica e sobre o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga embalsada.


O texto non aclara cando se producirá esta subida nin durante canto tempo. Con respecto ás cantidades, establece que se fixarán os valores para cada unha das comunidades autónomas.


TARIFA ELÉCTRICA GALEGA


Pola súa banda, a CIG, a través dun comunicado tamén remitido este martes, censurou que os galegos teñan que "pagar máis impostos" na tarifa eléctrica, e volveu esixir unha propia para Galicia.


Segundo o ex deputado do BNG Fernando Branco, responsable do sector de enerxía do ámbito de industria da central nacionalista, a orixe de todo isto é "unha norma aprobada polo PP en 2012, cando tiña maioría absoluta, pola que se di que o que pagaron as empresas eléctricas o teñen que recuperar e que, para iso, gravarase cun suplemento aos galegos por valor desa cantidade".


Branco lembra que cando se debateu a ILP da CIG por unha tarifa eléctrica galega, un dos argumentos do PP foi que non podería haber tarifas eléctricas diferenciadas por territorios. "Isto cae con esta orde, porque cada comunidade ten os seus propios impostos e non é igual o que recada", argumenta.


Denuncia, ademais, que cando o PP utilizou ese argumento, xa sabía que isto sería así e "mesmo informara ao Estado deses suplementos territoriais dos que descoñecemos a súa contía pero que poden ascender a varias ducias de millóns de euros".


relacionada O PP "anula" a ILP da tarifa eléctrica galega e víraa cara á eficiencia enerxética
relacionada Feijóo desbota unha tarifa eléctrica galega porque "ningún español" o entendería

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE