A dolorosa loita para ser pais dentro nas listas de espera do CHUS
O testemuño dunha parella revela a falta de recursos do centro compostelán no plano da reprodución asistida.
A través o testemuño dunha parella pontevedresa que busca desesperadamente ser pais, ponse de relevo o problema nas listas de espera do CHUS para o tratamento de reprodución asistida, causando un gran dano aos pacientes que ten que recorrer a clínicas privadas, que agora denuncia a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS.
Nunha misiva, unha parella que responde polas iniciais C.A.A e M.P.M, narra a tortuosa experiencia á que foron sometidos na súa loita por querer ser pais desde 2013. Despois de que na Seguridade Social derivásenos a unha consulta por esterilidade e máis tarde remitidos á Unidade de Reprodución Asistida no Centro de Referencia para Fecundación In vitro e Inxección Intraplástica de Espermatozoides, a parella termina sendo atendida no CHUS tras meses de espera. Unha vez realizada as probas, nas que se revela que a muller presenta insuficiencia ovárica, anúnciaselles que hai unha lista de espera de máis dun ano, algo que agravaría a súa situación.
Para afrontar o tratamento, a paciente ten que baixar de peso segundo os médicos. “Aquí comeza a miña loita, unha loita de anos. Despois dun gran esforzo, que me levou a tratamento por ansiedade, conseguín baixar de peso” reza o comunicado emitido pola parella, aínda que non foi suficiente. Tras unha intervención cirúrxica, novos requirimentos médicos e un tempo de espera que se alonga ata este 2018, no CHUS notifican á parella que xa é tarde para realizar o tratamento e que só poden contemplar a doazón de óvulos. Ademais, a doutora que os atende fala de como “a lista de espera do Sergas non funciona realmente, non se move porque non hai doantes, porque se lles paga tarde, mal e arrastro”. Ademais, a paciente recibe o alta por vía telefónica e no centro néganse a darlle un informe por escrito.
“Sentimonos enganados e manipulados por esta Unidade, pola falta de información. Estamos esgotados e afundidos. Decidiron a nosa vida por nós e fixéronnos perder uns anos que non recuperaremos” lamentan os afectados. Un testemuño que pon de manifesto a existencia dunha desigualdade á hora de dar prioridade aos pacientes nas listas de espera e como estas alónganse tanto no tempo que finalmente os tratamentos resultan inútiles á hora de ser aplicados. Por iso, moitas parellas ven obrigadas a recorrer á doazón óvulos xa que xa non cumpren os requisitos necesarios para garantir a viabilidade do tratamento.
Ademais, a carencia no banco público de óvulos do CHUS supone unha barreira para os tratamentos de reprodución asistida e unha discriminación para moitos pacientes, que non poden acudir a unha clínica privada e non teñen resposta da Seguridade Social. “Neste sentido, resulta sorprendente que a unidade do CHUS, como fixo público recentemente a través dos medios de comunicación, pretenda acudir a bancos privados que obteñen beneficios coas técnicas de reprodución asistida en lugar de aplicar políticas públicas destinadas a impulsar a doazón solidaria” denuncian desde a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS. Ademais, denuncian a falta de información fornecida aos pacientes ou o pouco tacto do centro, notificando por vía telefónica algunhas decisións das que depende o tratamento dos pacientes.
Escribe o teu comentario