​A Xunta anula os días libres dos funcionarios de Xustiza, que o ven como unha "represalia"

Os sindicatos denuncian a medida no xulgado porque entenden que vai contra o dereito de folga.


|

Xustiza funcionarios protestaOs traballadores teñen convocada folga indefinida o día 7.


O comité de folga de funcionarios da Administración de Xustiza, que inclúe a todos os sindicatos con representación no ámbito xudicial (SPJ-USO, AXG-CUT, UGT, CSIF, STAJ, CIG e CCOO), presentou unha denuncia ante o xulgado de garda de Santiago de Compostela pola instrución da Xunta que suspende días de asuntos propios e vacacións durante o mes de febreiro.


Para os sindicatos, a instrución, que leva data do 29 de xaneiro e que foi publicada na intranet de xustiza este martes, "impide ou limita" o exercicio de liberdade sindical e o dereito de folga, a pesar de que a ameaza do paro indefinido no sector desde o próximo día 7 de febreiro cumpriu "os prazos legais de preaviso".


En concreto, na denuncia presentada contra o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, á que tivo acceso Europa Press, advírtese que a anulación de días libres para os funcionarios de xustiza vulnera o artigo 315.1 do Código penal.


O referido artigo prevé que serán castigados coas penas de prisión de seis meses a dous anos ou multa de seis a doce meses "os que, mediante engano ou abuso de situación de necesidade, impediren ou limitaren o exercicio da liberdade sindical ou o dereito de folga".


DATAS COÑECIDAS DESDE HAI MESES


Os funcionarios rebaten os argumentos da Xunta para xustificar a supresión das libranzas durante o mes de febreiro porque sinalan que a data de entrada en funcionamento dos novos xulgados e a resolución do concurso de traslados era coñecida "desde hai meses".


"Esta limitación do exercicio de dereitos significa a infracción do dereito constitucional á folga, que non se pode limitar, e menos cunha regra xeral", quéixanse os sindicatos de xustiza na súa denuncia. Precisamente porque entenden que o ditame da Xunta é "prospectivo e xenérico", o comité de folga solicita como medida cautelar a suspensión da efectividade da instrución que anula libranzas e días de vacacións durante o mes de febreiro.


REPRESALIA PARA OS SINDICATOS


Os sindicatos presentes no comité de folga emitiron tamén un comunicado no que cualifican a supresión dos días libres de "medida inxustificada" e "clara represalia" fronte ás accións reivindicativas do persoal da xustiza.


Así mesmo, repróchalle á Dirección Xeral de Xustiza que empregase a intranet "para facer partidismo e publicar información manipulada con respecto ao conflito", na súa opinión "para desmovilizar os traballadores" que están a secundar as protestas.


A Xunta convocou o comité de folga do persoal de xustiza a unha nova reunión este mércores, 31 de xaneiro. A principal diferenza que se mantén entre as partes negociadoras é a contía salarial, xa que as organizacións sindicais reclaman unha subida de 270 euros ao mes, o que supón entre o 12 e o 16%, algo "inasumible para as arcas públicas".


relacionada ​A folga de funcionarios paraliza a Xustiza galega e abócase a ser indefinida
relacionada Os funcionarios de xustiza manteñen a folga para este mércores e o próximo ano
relacionada A folga na Xustiza suspende xuízos por toda Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE