O Celta presenta a súa candidatura a Europa

|


Iago caspas

Aspas celebrando un dos seus tantos. RC Celta.


Aínda que nin o día nin a hora animaban a desprazarse ata Balaidos, os pouco máis de 16.000 asistentes ao Celta de Vigo vs Real Betis gozaron dun partidazo con todas as letras. Os celestes impuxéronse ao gran equipo de Quique Setién por 3-2, grazas ao dobrete de Iago “Zarra” Aspas e un croque de Maxi Gómez, anulando o indicio de remontada do gol de Sergio León e o tanto sobre a bucina de Andrés Gardado. Os tres puntos supoñen a quinta xornada consecutiva dos vigueses puntuando, levándose así 13 dos últimos 15 puntos.


A UN PASO DE EUROPA

Á espera de que se peche o mercado e coa esperanza de que só haxa sorpresas positivas (os celestes seguen ansiando a chegada dun ariete), o Celta presentábase ante o Betis coa ilusión de dar un paso de xigante na súa loita por Europa. A irregularidade do Sevilla deixaba a porta aberta aos galegos para que se lanzasen a por a sexta praza, que dá dereito a participar na Europa League o curso que vén. Se non, acabar en sétima posición tamén pode enviar aos vigueses á competición continental, dependendo do que ocorra na Copa do Rey e de en que posición da táboa acaben os seus finalistas (por exemplo, se a final termina sendo un FC Barcelona vs Sevilla e ambos se clasifican a Europa de forma directa, o sétimo clasificado tería opcións de ir á Europa League).


Con todo, para dar caza aos andaluces había que sacar unha vitoria do duelo ante os verdibrancos. E o partido non puido empezar mellor para o Celta. Aos once minutos, e despois dunha chegada perigosa do ex deportivista Gardado, Radoja lle birló a carteira na frontal da área Javi García. Da acción do serbio aproveitouse Aspas para plantarse ante Adán e enviar o balón raso pegado ao pau para facer o 0-1, o seu decimotercer gol no campionato.


Merito do tanto recae nos ombreiros de Radoja, que regresaba á titularidade en liga despois do 2-2 ante o Real Madrid. O serbio, ao que non lle respectaron as lesións esta campaña e que viu como Lobotka roubáballe o posto, volveu ser o centrocampista dominante que asombrou a Balaidos nas súas primeiras campañas. Perfecto no apartado táctico, a súa presión constante na saída de balón e a súa xenerosidade cos seus compañeiros foron unha garantía para o cadro local. Á parte do gol, neste primeiro tempo foi un simple transito sen ocasións de perigo cara a unha segunda parte de futbol do bo.


A NAVE CELTIÑA

Os segundos corenta e cinco minutos foron unha repartición de golpes por parte de dous equipos que teñen unha filosofía de futbol baseada en buscar a portería rival, aínda que iso cústelle algún desgusto en defensa. O partido renovouse cunha xogada pola esquerda trenzada por Sisto e Radoja, que terminou nun man a man de Maxi con Adán, levándose o duelo o cérbero betico. A seguinte acción foi calcada á primeira coa excepción de que arrincou pola dereita, pero de novo co meta verdibranco salvado os mobles ante o charrúa.


Á terceira foi a vencida e cun servizo de Jonny desde o carril zurdo, Maxi conectou un croque que esta vez si superou a Adan. O curioso caso do nove uruguaio, ao que lle queima o balón nos pés pero é un portento rematando balóns, como Hugo Sánchez. O Betis se espabiló coa entrada de Rubén Castro e Boudebouz, e empezou a chegar con máis perigo ao arco de Rubén, inédito ata entón. O porteiro celtiña sería o protagonista do gol sevillano, ao palmear sen contundencia un centro desde a dereita que caeu nas botas de Durmisi, que á súa vez cedeu o coiro para que Sergio León empuxase a pracer para recortar distancias. Unha acción que reflicte o que tantas veces achácaselle ao novo porteiro celeste: a súa falta de apromo á hora de resolver centros laterais.


Con todo, o gol só foi un espellismo. A seguinte acción foi unha marabilla que terminou no 3-1 do Celta: juagada de Maxi e Aspas polo centro, cunha parede de tacón do de Moaña, o balón acaba nos botíns de Brais que ao primeiro toque envía un pase perfecto para que Apas, aos tombos iso si, faga o seu segundo gol da noite e peche o partido. Xa sen moito tempo para máis, a reacción do Betis chegou no desconto, cun gol do mexicano Gardado desde os once metros, despois dun penalti inocente de Roncaglia sobre Joaquin. Cos tres puntos no zurrón, o Celta pechou a xornada en sétima posición, con dous puntos de vantaxe sobre o Eibar e a só dous de Europa. A nave celeste diríxese a toda ver cara á Europa League. Confiemos en que non encalle.


Ficha técnica:

Celta de Vigo: Rubén, Hugo Mallo, Roncaglia, Sergi Gómez, Jonny, Radoja, Wass (Jozabed, min.81), Lobotka, Iago Aspas, Sisto (Brais Méndez, min.72), Maxi Gómez (Emre Mor, min.86).


Real Betis: Adán, Barragán, Mandi, Feddal, Durmisi, Javi García (Rubén Castro, min.62), Fabián, Gardado, Joaquín, Tello (Boudebouz, min.62), Sergio León.


Goles: Iago Aspas (1-0, min.12); Maxi Gómez (2-0, min.16); Sergio León (2-1, min.71); Iago Aspas (3-1, min.79); Gardado (3-2, min.91, de penalti).


Árbitro: Sánchez Martínez, do comité murciano. Amoestou a Javi García, Joaquín, Fabián, Barragán, Feddal (Betis); Wass (Celta).


Campo: Balaídos (14.856 espectadores).

relacionada Media Europa suspira por Lobotka
relacionada ​Sergio Álvarez renova por un ano con opción a outro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress