Rajoy non bloqueará as transferencias ás comunidades aínda que non aprobe os Orzamentos
O Goberno prevé aprobar as contas antes do 31 de marzo. Rajoy retráctase das súas palabras sobre a brecha salarial.
Rajoy retráctase das súas palabras sobre discriminación salarial.
O presidente do Goberno quere que os Orzamentos Xerais do Estado para 2018 se aproben en Consello de Ministros antes do 31 de marzo e garantiu que "fará todo canto estea nas súas mans" para chegar a un acordo que o permita.
En todo caso, o Goberno "séntese cómodo" cos orzamentos de 2017 prorrogados, salvo en partidas que corresponden ás comunidades autónomas e que, de momento, o Executivo mantén bloqueadas. "Se isto non vai na Lei de Orzamentos, habería que aprobalo por Real Decreto", indicou o presidente.
Rajoy tamén aproveitou unha entrevista en TVE para retractarse das súas declaracións sobre a brecha salarial e comprometeuse a que o seu Executivo "dea todas as batallas" para reducir a discriminación salarial, ao mesmo tempo que apelou á responsabilidade dos empresarios "para que sexan xustos e equitativos".
O xefe do Executivo recoñece agora que a lexislación actual "non permite que a igual traballo e o mesmo número horas haxa diferente soldo".
Escribe o teu comentario