Montoro conxela 321 millóns de euros a Galicia como "chantaxe" para aprobar os Orzamentos

|

Feijoomontoro

Feijóo reuniuse con Montoro en setembro.


O portavoz socialista no Parlamento, Xoaquín Fernández Leiceaga, chamou este luns á Xunta a que reclame de forma "decidida" a Facenda os 321 millóns de euros que o Goberno central "lle quita" co recálculo das entregas a conta.


En rolda de prensa, Leiceaga acusou ao Goberno central dunha "ruptura da lealdade institucional" ao utilizar a recadación tributaria das comunidades como unha medida de "chantaxe" para sacar adiante os Orzamentos Xerais do Estado, "forzando aos grupos parlamentarios no Congreso para facer o que quere o PP".


Censura que esta medida "discrecional" e "unilateral" parte dun argumento "falso" do Goberno de que ten que reter estas achegas porque non están aprobados os PGE para 2018.


Así, Leiceaga explica que "non ten nada que ver", pois trátase de ingresos que lle corresponden a Galicia, xa que proceden de impostos recadados na Comunidade (o 50% do IVE e IRPF e o 58% dos impostos especiais).


NECESARIOS PARA CADRAR AS CONTAS


Nesta liña, explica que as entregas a conta "son o soporte das finanzas autonómicas", e "máis en Galicia onde os tributos propios son limitados". Por iso, o pasado mes de xullo o propio Montoro comprometeu 321 millóns para a Comunidade que agora lle nega.


Tamén lembra que no mes de xullo pasado a Xunta tivo en conta eses 321 millóns para elaborar o seu orzamento para 2018, polo que se pregunta se o Goberno galego vai modificar as contas para reducir ingresos e se lles vai explicar aos cidadáns de onde vai a recortar esta partida.


Por todo iso, o PSdeG presentou unha batería de iniciativas na Cámara para que a Xunta explique "que pensa facer" ante este "quebranto", no que "desaparece dunha plumada" por unha estratexia "partidista" a marxe co que contaba Facenda para elaborar os orzamentos de 2018.


IMPOSTOS DE PATRIMONIO


A isto súmase que Galicia deixará de contar en 2018 con entre 71 e 72 millóns menos pola "desaparición" do imposto sobre o patrimonio, "que hoxe non hai en España".


Segundo explica Leiceaga, o imposto sobre o patrimonio é prorrogado anualmente desde 2013, pero este ano non houbo o decreto que o activa, polo que "a día de hoxe non está vixente", o que supón unha "diminución de ingresos" para Galicia.


"Á ALTURA"


E mentres Facenda continúa con esta manobra, a ministra de Emprego e Seguridade Social do Goberno, Fátima Báñez, non se corta en pedirlles ás comunidades autónomas, "sen excepción", e aos grupos parlamentarios que estean "á altura" na negociación do novo modelo de financiamento autonómico, que se fará de maneira paralela co do financiamento local.


relacionada ​Feijóo recoñece "dificultades para manter" os fondos no financiamento autonómico
relacionada O novo financiamento autonómico compensará o envellecemento e a dispersión
relacionada ​O PSdeG avisa de que "Galicia non pode perder" co novo financiamento autonómico

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress