Vicenç Alujas: "Vivir ben é un asunto urxente"

A Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña celebra a 81 edición dos seus ‘Encontros AEGA-CAT’ co sociólogo, psicólogo clínico e criminólogo Vicenç Alujas.


|

Vicenc alujas



Este luns 29 de xaneiro a Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña (AE CAT) celebrou a 81 edición dos seus ‘Encontros', coa intervención do sociólogo e criminólogo Vicenç Alujas. 


A cita celebrouse no restaurante Bellavista do xardín do norte, en Barcelona, na que se atoparon empresarios de diversos sectores, como as empresas Filmax, Atrevia, Grupo Prudencia, Lamas Bolaño, Pago de Ina ou Grupo Klini, ademais da presenza do vicepresidente da asociación, Antonio Parente.


Estes ‘Encontros’ –que se celebran o último luns e cada mes desde maio de 2003- contaron nesta ocasión coa presenza de Vicenç Alujas, sociólogo, psicólogo clínico e criminólogo.


Alujas traballa no Departament de Justicia da Generalitat e é coordinador da Unidade Hospitalaria Psiquiátrica Penal de Catalunya.


Ademais, o coñecido como ‘o gourmet do benestar’, é o creador da Meditación Inmediata, un concepto que desenvolveu no libro do mesmo nome e do que compartiu na charla deste luns cos empresarios galegos en Catalunya.


A súa intervención, titulada ‘Vivir ben é un asunto urxente’, centrouse na tese de que é necesario “vivir ben canto antes” e “rexeitar calquera cousa que non che permita facelo”.


Alujas lembroulles aos empresarios presentes que o estrés non é máis que “a maneira na que tomamos as situacións. O sociólogo anima a pensar e entender que todo é “máis sinxelo do que pensamos”.


Tamén advertiu de que “vivimos en formato PDF”: as siglas fan referencia ao poder, o diñeiro e a fama. 


Con todo, el propón a alternativa, “o formato das 4 P’s: "Paz interior, Pausa silenciosa, Plenitude e Positividade”.


“A clave é dominar a mente, non que a mente vos domine a vós”, sinaloulles aos presentes. “A felicidade está sempre de pel cara adentro”.


Alujas lembrou que o éxito non é sinónimo de felicidade, destacou a importancia de sorrir e ‘contaxiar’ o sorriso e a diferenza entre un xefe e un líder: 


“O xefe loita por ser o primeiro; o líder é o primeiro en loitar”.


Este especialista tamén quixo lembrarlles aos presentes que as adversidades son oportunidades e que “o estado máis natural do ser humano é a calma: calquera cousa que vos faga perder a calma non é natural”. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE