As cinzas de Man de Camelle descansan xa na súa casa museo
O Concello de Camariñas e o museo na súa honra rendéronlle homenaxe a Manfred Gnädinger nun acto "emotivo".
Familiares de Manfred desprazáronse a Camelle.
O Concello de Camariñas e o Museo Man de Camelle rendéronlle este sábado homenaxe a Manfred Gnädinger con motivo do aniversario do nacemento do artista.
Segundo explicou o responsable do Museo Man de Camelle, Juan Carlos Canosa, a Europa Press, o acto foi "moi emotivo" e as súas cinzas descansan xa na súa casa museo.
No acto interviñeron numerosas persoas, entre elas Concepción Regueira 'Chita', veciña de Camelle e amiga persoal de Man. Tamén interviñeron Mercedes Martín, impulsora da conservación do seu legado, e Simón Vázquez, do documental 'Man home sen paz'.
Finalizou cunhas palabras da familia de Man representada na voz do seu sobriño, Clemens Gnädinguer. Para pechar, interviu o alcalde de Camariñas, Manuel Alonso de León.
Ao final, o irmán de Man, tamén presente, entre outros familiares, deu as grazas polas mostras de agarimo visiblemente "emocionado", segundo describiu Canosa.
Finalmente, trasladáronse as cinzas do artista a súa casa-museo, onde foi enterrado en intimidade.
Escribe o teu comentario