Sete vivendas alagadas ao romper unha tubaxe na rúa
Na zona substituíuse a tubaxe de desaugadoiro, que rompeu ao tapar a gabia.
A rotura dunha tubaxe na rúa Asturias de Vigo ocasionou danos por inundacións en varias vivendas, segundo informaron fontes da Policía Local da cidade olívica.
O 092 recibiu a alerta sobre as 18.30 horas do martes, e unha dotación desprazouse ata o número 29 da rúa Asturias, onde se produciu unha rotura dunha tubaxe na vía pública, e estábase alagando unha vivenda.
Ao chegar, os axentes comprobaron que saía gran cantidade de auga dunhas obras no centro da calzada, e unha muller acompañada dunha nena pedía auxilio porque se lles alagaba o domicilio.
Tras avisarlle a Aqualia para que cortase a chave de paso xeral, efectivos de Policía Local e bombeiros colaboraron para achicar a auga da vivenda, onde se produciron importante danos, e trataron de 'salvar' algúns aveños. Ademais, outros veciños presentáronse no lugar informando de que tamén sufriran inundacións, e a Policía contabilizou ata sete vivendas afectadas.
Segundo informaron fontes policiais, na zona estiveran traballando operarios de Aqualia quen explicou que estaban a substituír unha tubaxe de desaugadoiro. Unha vez tapado o buraco, ao utilizar a compactadora neumática, produciuse a rotura da tubaxe.
Escribe o teu comentario