Buscan a dous sospeitosos de abordar a mozas desde un coche en Noia
Unha moza denunciou que dous individuos, un deles con pasamontañas, trataron de que subise ao seu coche.
A Policía Xudicial da Garda Civil de Noia busca un vehículo con dous individuos, un dos cales levaba posto un pasamontañas, tras convidar a subir a unha moza que fuxiu asustada e denunciou os feitos.
Segundo informaron a Europa Press fontes da investigación, a Garda Civil descarta un intento de secuestro pero, ao tratarse dunha "actitude sospeitosa", abriuse unha investigación e buscan o vehículo para "esclarecer" o sucedido o mércores.
A moza relatou que un coche parou á súa altura no centro urbano de Noia e os ocupantes, un deles cun pasamontañas, chamárona e convidárona a subir ao vehículo, ante o que a moza, duns 20 anos, "saíu correndo porque se asustou", abundaron as mesmas fontes.
Aínda que a Benemérita descarta un intento de secuestro, a Policía Xudicial de Noia busca o vehículo e os seus ocupantes e investiga os feitos.
O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, destacou a "rápida" reacción da moza e subliñou o feito de que optase por dirixirse "en sentido contrario á dirección da marcha do coche".
Escribe o teu comentario