A familia de Diana Quer convida a unha misa funeral en Madrid a institucións galegas

Estarán tamén familiares doutras mozas desaparecidas e a nai das nenas asasinadas polo seu pai en Moraña.


|

Dianaquer2 1


Familiares e amigos de Diana Quer despedirán a moza asasinada este mércores ás 21,00 horas na Parroquia de Santa María de Caná de Pozuelo de Alarcón nunha misa funeral, á que convidan a todos os que lles axudaron.


Nun comunicado, a familia de Quer sinala que acudirán tamén persoas que "de modo desinteresado" lles prestaron axuda nestes "difíciles meses", aos que quixeron así mostrar o seu "agradecemento".


En concreto, asistirán os alcaldes da Pobra do Caramiñal e de Rianxo, e unha representación de Protección Civil da Pobra do Caramiñal, aos que a familia quere agradecer "a súa inmensa axuda desde os primeiros momentos da desaparición de Diana", e a través deles mandar un profundo recoñecemento ao pobo galego e ao resto dos cidadáns españois polas súas mostras constantes de agarimo e apoio".


Así mesmo, acudirá unha representación da Garda Civil, polo seu traballo "sen descanso, profesionalidade e humanidade". A familia agradece a colaboración do Concello de Pozuelo, que estará representado por membros da Corporación e pola súa alcaldesa.


"RECORDO SOLIDARIO"


Ademais, quixeron facer "un recordo solidario" para os familiares doutras vítimas e desaparecidos. E por iso, acudirán Juan José Cortés, Antonio del Castillo, Rocío Viéitez e Ruth Ortiz con quen comparte a súa "profunda dor pola tráxica perda" dos seus fillos.


Tamén estarán presentes representantes das asociacións de desaparecidos: Inter-SOS, ANAR e Fundación QSD Global.


relacionada ​Os forenses traballan sobre as mostras para saber se houbo agresión sexual a Diana Quer
relacionada O PPdeG di que non aproveita o caso de Diana Quer para a prisión permanente revisable
relacionada ​A autopsia de Diana Quer conclúe que morreu estrangulada

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE