Colectivos ciclistas arríncanlles aos partidos compromisos coa seguridade viaria

Os deputados de todas as formacións apostaron por reducir o tráfico pesado estradas convecionais.


|

Bicicleta estrada


Os colectivos ciclistas conseguiron o compromiso de todos os grupos representados no Parlamento galego para demandarlle á Xunta a mellora da seguridade viaria na estrada N-550.


Ocorreu nunha reunión á que asistiron os deputados Jacobo Moreira (PP), Marcos Cal (En Marea) e Patricia Vilán (PSdeG). Por parte do BNG, Luís Bará non asistiu, pero trasladou o seu apoio ás medidas avanzadas previamente polo colectivo ciclista, representado por Faustino Gómez, de Composcleta (Santiago); Alejandro Costa de A Golpe de Pedal (Vigo); e Quique Pérez, de Pedaladas (Pontevedra).


As asociacións de ciclistas aspiran a que a mellora deste viario inclúa a creación de beiravías transitables "do maior ancho posible". Igualmente, esperan que a mellora inclúa sinalización vertical, remarcando a obrigación de adiantar separándose un metro e medio dos ciclistas.


FOMENTAR A AP-9


Ademais, todos os deputados representados comprometéronse a fomentar o uso da autoestrada AP-9 para reducir a presión do tráfico pesado nesta vía convencional.


Ademais, volveron insistir en que a 'vía verde' debe ser "unha prioridade para o cicloturismo, a mobilidade en bicicleta e un atractivo turístico para a comarca". Só falta a cesión de Pontevedra-Ponte Sampaio por parte do Adif, posto que Vigo e Redondela xa teñen confirmación de cesión.


Na reunión informouse de que se vai constituír a Mesa galega pola bicicleta e o grupo interparlamentario da bicicleta, que terá un encontro o próximo 19 de abril.


EUROVELO


Finalmente, á marxe do contido da reunión, os parlamentarios interesáronse pola iniciativa da Coordinadora Galega da Bicicleta para integrarse na rede de rutas cicloturistas europeas EuroVelo, un obxectivo para o cal idearon un percorrido por 866 quilómetros por toda a costa.


"Pode ser a gran ruta ciclista que fomente o turismo e que sexa un novo motor económico", apuntou Quique Pérez.


relacionada Santiago quere ser amigable para os usuarios das bicicletas
relacionada Un coche atropela en Muros a un garda civil que circulaba en bicicleta
relacionada A emotiva campaña de Interior para fomentar o respecto ás bicicletas na estrada
relacionada Os ciclistas piden que axentes camuflados castiguen os condutores imprudentes

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE