A CNMV mantén a autorización á OPA de Atlantia sobre Abertis

O Goberno pediu revogala porque a compañía italiana non pediu autorización ao Executivo para a operación


|

Abertis sede


A Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) decidiu manter a autorización dada o pasado mes de outubro á OPA que Atlantia lanzou sobre Abertis, pese ao requirimento realizado polo Goberno para que a revogase por non solicitar a italiana autorización do Executivo para a operación.


O supervisor considera que o folleto da oferta de Atlantia, unha operación valorada en 16.341 millóns de euros, "reúne todos os requisitos esixidos na lexislación sobre OPAs", segundo indicou nun comunicado. Tamén considera que as esixencias previas para as OPAs son unha "excepción ao principio de libre transmisibilidade das accións das sociedades cotizadas".


Esta compañía italiana solicitou o pasado 21 de decembro a correspondente autorización administrativa do Executivo para a súa OPA, que compite coa posteriormente formulada por ACS.


Coñece máis detalles na información de Pressdigital.


relacionada ACS lanza ua contraOPA sobre Abertis para competir coa de Atlantia
relacionada A CNMV autoriza a OPA de Atlantia sobre Abertis case catro meses despois

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE