Vázquez Almuiña afirma que o colapso en sanidade non é “exclusivo de Galicia”

O conselleiro de Sanidade recoñece un aumento do 40% nas chamadas de emerxencia. 


|


Almuiu00f1aSanidad


Jesús Vázquez Almuiña, conselleiro de Sanidade da Xunta, sinalou que a xudicial "non é a vía" para mellorar o sistema sanitario galego, logo de que algúns sindicatos expuxesen acudir aos tribunais ante as situacións de colapso que se viviron no último mes nos servizos de urxencia de certos hospitais de Galicia.


Así, o responsable do departamento de Sanidade expresou que esta situación de colapso nos principais hospitais do Sergas "non é exclusiva de Galicia", senón que se está dando "en moitas comunidades autónomas". "Estes días están a verse nas medios situacións moito máis complexas que en Galicia", apostilou.


Nesta liña, lembrou que "desde hai 15 días" produciuse un aumento "do 40 por cento" nas chamadas ao teléfono do 061, o que fai que se necesiten "reforzos" para atender este repunte das atencións, provocado, en gran parte, polo pico de incidencia da gripe. "A atención primaria resolve moitos destes problemas. Os Puntos de Atención Continuada (PAC) teñen un nivel de resolución altísima. De cada 100 persoas que van ao PAC, 92 volven para o seu domicilio, só sete ou oito son derivados a Urxencias", incidiu.


Así as cousas, tras defender que os servizos santiarios en Galicia "están preparados", Vázquez Almuiña convidou á cidadanía a "graduar" o seu uso do sistema de saúde. "Sería moi interesante que a poboación fosen graduando as necesidades, desde a chamada ao 061, a atención nos centros de saúde e os PAC, e, como último caso, os hospitais, que están preparados para este tipo de casos", remarcou.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE