Reclaman que se expediente a un Guarda Civil por apoloxía do franquismo

O axente utilizaba como imaxe de perfil de Whatsapp o saúdo fascista sobre a bandeira de España


|


Garda civil


A plataforma Inicativa Galega pola Memoria (IGM) reclamou ao Ministerio de Interior que abra un expediente contra un axente da Garda Civil de Pontevedra que, segundo este colectivo, utiliza como imaxe de perfil de WhatsApp unha foto de "unha man realizando o saúdo fascista sobre a bandeira de España e co lema 'Arriba España Sempre'".


A través dun comunicado emitido este venres, a plataforma, que agrupa a asociacións pola memoria histórica de toda Galicia, mostra a súa "perplexidade" e o seu "total rexeitamento" a que "unha persoa obrigada por ordenamento xurídico a protexer a cidadanía e defender o réxime democrático" utilice imaxes "que loan o réxime xenocida do xeneral Franco".


Apologia fascismo

Deste xeito, piden ao Ministerio de Interior que se expediente a este axente "por exaltación do franquismo" e que se investigue se esta persoa "puido cometer algunha ilegalidade ao reproducir o saúdo utilizado ademais de por os franquistas, polos fascistas italianos e os nazis".


Así mesmo, Iniciativa Galega pola Memoria reprocha que este axente "fose condecorado" polo corpo da Garda Civil o pasado 12 de outubro, o que, ao seu xuízo, "vén mostrar, unha vez máis, que o Goberno, lonxe de condenar o franquismo, aplaude aos defensores dun réxime que asasinou a miles de persoas".


Por último, ademais da reclamación a Interior, a plataforma expresa o seu desexo de que esta persoa "depoña a súa actitude, retráctese publicamente e pida perdón á descendencia das vítimas do réxime genocida".

relacionada O agasallo de Reis do BNG para Rajoy: unha biografía de Rosalía de Castro
relacionada UXT denuncia a adxudicación do servizo de vixilancia da Xunta a “empresas low cost"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE