Case 21.000 galegos saíron o ano pasado das listas do paro
O número de traballadores desempregados baixou algo máis dun 10% en todo 2017, un ritmo maior que o da media de España.
O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) situouse ao finalizar decembro de 2017 en 185.013 persoas en Galicia, tras baixar en 20.901 desempregados no conxunto do ano (-10,15%), por encima da media.
En termos intermensuais, en decembro respecto de novembro, os parados na Comunidade galega reducíronse en 2.162, o que supón un recorte do 1,16%.
No conxunto estatal, a cifra de desempregados alcanza os 3,41 millóns de persoas, tras diminuír en 290.193 desempregados no conxunto do ano (-7,84%), o seu quinto descenso anual consecutivo, aínda que por baixo do descenso rexistrado en 2015 e 2016, de acordo cos datos que publica este mércores o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
Escribe o teu comentario