​O consumo en Nadal tamén pode ser responsable

|

Consumo nadal


Optar por produtos locais e de tempada, elaborar adornos do Nadal con materiais de refugallo ou evitar o desperdicio alimentario son algunhas das propostas para un consumo "responsable" neste Nadal.


Así se recolle nun decálogo elaborado por Sogama, co lema 'Consumo Responsable en Nadal: Todo vantaxes'.


Para gozar destas festas dunha forma "sustentable", as recomendacións pasan por, xunto cos primeiros consellos, planificar as compras, prescindir dos sobreempaquetados e dar preferencia aos xoguetes educativos.


Programar os menús do Nadal, ter en conta que as mascotas non son "un pasatempo pasaxeiro" ou non caer na tentación de agasallos caros pensando que iso leva máis afecto son outras das propostas deste decálogo.


PEQUENOS XESTOS


"O afecto demóstrase con pequenos xestos e detalles. Unha entrada para ver un espectáculo ou unha xornada de aventuras e diversión poden ser unha magnífica alternativa con grandes recordos", sinala nun dos seus apartados este decálogo no que se lembra que as tendas de segunda man e as solidarias "tamén poden resultar de gran utilidade".


Iso sen esquecer a necesidade de seguir xestionando os residuos de forma responsable a través da regra das tres erres: reducindo a produción, fomentando a reutilización e propiciando a reciclaxe a través da segregación en orixe.


E é que consumir de forma responsable "non só implica a elección de produtos e servizos en base á súa calidade e prezo, senón tamén tendo en conta o seu impacto ambiental e social", remarcan desde Sogama.


NON MALGASTAR


Como exemplo, o decálogo subliña que adquirir produtos locais e de temporal non só contribúe á economía local e á xeración de emprego, se non tamén "á diminución das emisións de CO2 propias do transporte".


Como nos lembra tamén, "pódense felicitar as festas sen malgastar papel, tintas e sobres". Para iso, sinala que unha opción pode ser "elaborar as nosas propias postais ou utilizar medios telemáticos". E os xoguetes "sempre educativos", sen esquecer a importancia de que cada residuo deposítese "no seu colector".


relacionada ​Os pediatras chaman a vixiar posibles alerxias infantís nas comidas do Nadal
relacionada Unha campaña potencia o consumo do Nadal de produtos en galego

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress