O buque 'Cantabria' finaliza a súa misión tras rescatar a case 1.200 persoas

|


Buque cantabria


O Buque de Aprovisionamento de Combate ‘Cantabria’ rescatou durante algo máis de tres meses a 1.199 persoas, das cales 170 eran nenos, fronte ás costas de Libia nas augas do Mediterráneo. Así terminou o seu despregamento na operación ‘EUNAVFORMED – Sophia', tras atracar esta mañá en Ferrol no peirao número 10 de Navantia Ferrol, entre a alegría e o agarimo de esperados reencontros a escasos días de Nadal.


O comandante do buque, José María Fernández da Ponte, valorou esta misión como "moi positiva" e, da mesma, destacou que tivo "unha dose enorme de humanidade, por ter que realizar o rescate de persoas na mar que estaban abocadas a unha morte segura".


José María Fernández da Ponte incidiu tamén no comportamento da tripulación, que "foi exemplar". "Algo que non me sorprendeu, porque a coñezo e sei que é unha magnifica dotación, pero tivemos xornadas de 24 horas na que desde o primeiro ao último colaborou nos rescates e onde parecía que non había cansazo, algo que se manifestaba só cando finalizabamos cada operación", resumiu.


Os grandes logros da misión


O comandante do Cantabria tamén quixo destacar algúns dos fitos logrados con esta misión, como que, por vez primeira, actuou como buque de mando da operación un barco non italiano, ademais de ser o primeiro buque de aprovisionamento integrado na forza naval. Incidiu ademais no apoio loxístico da Unión Europea a buques da OTAN.


José María Fernández da Ponte tamén cualificou de "moi emocionante" a felicitación que o Papa Francisco trasladoulles á dotación nunha visita ao Vaticano, "xa que o obxectivo era acudir á audiencia xeral que ten os mércores, para lograr un fortalecemento anímico despois duns días duros, e o fortalecemento foi maior do esperado, xa que o Papa está moi sensibilizado co que está a ocorrer con esta crise migratoria".

relacionada Encontro "a tres bandas" polo conflito de saneamento da ría de Ferrol
relacionada ​O fiscal xefe ferrolán aposta por protexer a colectivos vulnerables

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress