A Real Academia Galega busca a ‘Palabra do Ano 2017’

Os usuarios da RAG poderá elixir entre as oito candidatas votando ata o 25 de decembro.


|

Palabras


A Real Academia Galega (RAG) acaba de abrir a votación para o proxecto 'Palabra do Ano 2017', unha iniciativa web promovida pola institución en colaboración coa Fundación Barrié que busca enxalzar o uso do galego.


Oito termos en grao sumo variado optan a esta denominación. Desde o inspirador termo 'afouteza' ata outros de denuncia como 'eucaliptización', pasando por 'independencia', 'sapoconcho', 'teimudo', 'vaga de lumes', 'velutina' e 'violencia de xénero'. Respecto diso, a RAG destacou as 6.700 achegas de usuarios e 900 palabras trasladadas.


A votación permanecerá aberta á participación de todas as persoas interesadas ata as doce da noite do 25 de decembro. Nas tres edicións anteriores, as gañadoras foron: irmandade (2016), refuxiado/a (2015) e corrupción (2014). Se queres participar, pica aquí

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE