​A cada galego tócanlle 155 euros pola débeda municipal

|

Xente peóns


En 2016 a media da débeda viva financeira por habitante nos concellos galegos situouse nos 155 euros. Naqueles entre 20.001 e 50.000 habitantes era de 131 euros, mentres que para os de máis de 50.000 era de 189 euros.


Así mesmo, en termos per cápita, a débeda viva das administracións locais galegas pasou de representar 229 euros en 2008, aos 278 en 2012, quedando en 155 no pasado exercicio.


Así se desprende dos datos do Observatorio Municipal de Galicia da Red Localis sobre a débeda viva financeira, que é a totalidade do que ten pendente de aboar un municipio derivado de préstamos a longo prazo con entidades financeiras e avais. Inclúe o capital pendente de amortizar e os intereses xerados.


Segundo este informe, un total de 112 concellos en Galicia (35,8%) non teñen débeda viva financeira en 2016. Un 25,6% adicional presentan unha por habitante entre 1 e 10 euros. Só o 6,7% dos concellos galegos ten unha débeda viva per cápita superior aos 500 euros.


En total, esta pasou de representar os 637 millóns de euros en 2008, ascendendo aos 773 millóns en 2012, momento a partir do cal se rexistra unha importante caída ata os 420 millóns en 2016-


A Red Localis, Rede de Administración Local, presentou a cuarta nota do Observatorio Municipal de Galicia, en base ao acordo de colaboración coa Deputación de Ourense, centrado na situación e a evolución da débeda viva financeira dos consistorios.


relacionada O Banco de España rebaixa unha decima a previsión de crecemento para 2018 e 2019
relacionada ​O concello dos Blancos, incapaz de pagar as débedas, pide un rescate e será intervido

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress