Gas Natural e os hostaleiros coruñeses prolongan o seu convenio

|

Hosteleru00edaGalicia

A hostalería beneficiarase deste acordo.


Héctor Cañete, presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería da Coruña, e José Antonio Sánchez, delegado de Vendas e Operacións en Galicia-Asturias de Gas Natural Fenosa, renovaron o convenio de colaboración entre os hostaleiros coruñeses e a compañía eléctrica para mellorar a eficiencia enerxética nestes establecementos.


O acordo ten como obxectivo ofrecer asesoramento ás máis de 1.200 empresas hostaleiras asociadas da provincia da Coruña "sobre as distintas solucións enerxéticas destinadas a mellorar a eficiencia enerxética coa tecnoloxía máis avanzada e a mellor xestión".


Por medio da filial da empresa, Gas Natural Servizos, Fenosa asesorará a todos os asociados en materia de subministración enerxética, eficiencia enerxética, climatización, mobilidade e iluminación para que os seus negocios conten coas mellores prestacións e todas as vantaxes que ofrece a compañía eléctrica. 

relacionada ​Gas Natural Fenosa traballa para devolver a subministración eléctrica a máis de 3.000 clientes
relacionada María Pita reforza a recollida de residuos durante as datas do Nadal

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial
Powered by Bigpress