Case dous millóns en axudas aos galegos residentes en Venezuela

|

Emigracion consello comunidadesReunión en Celanova do CCG. Foto: Xunta.gal


O fomento do retorno e as axudas aos galegos de Venezuela centraron este ano as actuacións da Xunta en materia de emigración, accións para as que se destinan 1,2 e 1,8 millóns de euros, respectivamente.


Así llo explicou este martes o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, aos membros da Comisión Delegada de o Consello de Comunidades Galegas que se reúne en Celanova (Ourense) durante os días 12 e 13 de decembro.


Rodríguez Miranda presentou un balance das actuacións do seu departamento durante 2017 aos membros do plenario do Concello de Comunidades Galegas, renovado desde a súa última cita na Habana en maio de 2016.


Trátase do máximo órgano permanente de representación da diáspora, que se reúne de forma anual e que está composto por 14 representantes da emigración galega en España, Europa e América.


Durante a inauguración do Consello Rodríguez Miranda destacou que "do mesmo xeito que nos programas de retorno", os galegos que residen en Venezuela "convertéronse no principal destinatario" das axudas sociais en forma de medicamentos, axudas individuais e de emerxencia social, que supuxeron un total de 1,8 millóns de euros.


Rodríguez Miranda explicou que esta cifra foi posible a través da ampliación dúas veces (en setembro e decembro) da partida de axudas extraordinarias para retornados, que estaba prevista a inicios de ano en 200.000 euros e que rematou 2017 cunha partida de 610.000 euros.


Ademais desta partida, o secretario xeral de Emigración referiuse aos 1,2 millóns destinados a proxectos para facilitar o retorno de emigrantes e para os descendentes que queiran establecer unha empresa na terra dos seus antepasados.


O pleno do Consello de Comunidades Galegas rematará este mércores, pero antes os representantes da diáspora coñecerán a proposta da Secretaría Xeral de Emigración para o Plan Estratéxico 2017/20, coa intención de que presenten as súas achegas ao proxecto definitivo.


relacionada Venezuela agarda pagarlle en decembro aos pensionistas galegos
relacionada Máis de 2.000 familias de galegos en Venezuela necesitan axuda
relacionada Mensaxe aos venezolanos: "Galicia é un bo lugar para se instalar a vivir"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress