As ‘I Xornadas de Puertas Abertas sobre o Párkinson’ celébranse na Coruña

A ‘Fundación Curemos o Párkinson’ promove estas xornadas de formación e información. 


|

Pu00e1rkison


A cidade da Coruña acollerá os próximos días 14 e 15 de decembro a primeira edición das ‘Xornadas de Puertas Abertas sobre o Párkinson’. A iniciativa é da ‘Fundación Curemos o Párkinson’, que dirixirá as xornadas a enfermos, coidadores e estudantes de disciplinas relacionadas coa enfermidade.


O obxectivo do encontro é abordar cuestións xerais sobre o Párkinson, o seu diagnóstico e o seu manexo, así como o papel da enfermería no control da enfermidade, a fisioterapia ou a logopedia. Ademais, ao longo das xornadas presentaranse "proxectos pioneiros que melloran a calidade de vida das persoas relacionadas coa enfermidade". Co obxectivo de poder chegar a todos os enfermos, a xornada tamén será retransmitida online, a través da web da Fundación Curemos o Párkinson.


España hai na actualidade máis de 160.000 persoas afectadas e máis de seis millóns no mundo. "Se non se atopa unha cura efectiva, no 2030 estímase que haxa máis de 8,7 millóns", apuntan sobre a progresión desta doenza.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE