Pedro Puy, sobre a sucesión de Feijóo: "A certas idades, un bota poucas carreiras"

O portavoz parlamentario do PPdeG di ser pesimista en canto á reforma constitucional, pero non no financiamento autonómico.


|

Pedro puyPedro Puy, durante o seu discurso. Foto: @GrupoPopularGal


O portavoz do PPdeG no Parlamento, Pedro Puy, descártase como posible sucesor de Feijóo. Nun almorzo informativo organizado este luns por Nueva Economía Fórum en Santiago, Puy expresou a súa negativa a entrar na pelexa pola sucesión.


"Teño unha idade, ata son avó. E certas idades, un corre pouco e bota poucas carreiras", manifestou o dirixente popular. Feijóo, que ve esta como a súa última lexislatura na Xunta, pola súa banda, evitou expresamente referirse a esa posibilidade.


Con todo, lembrou que Puy tamén tivo "unha breve incursión" como director xeral de Relacións Institucionais no Executivo, aínda que "nunca quixo avanzar máis". "Pero non foi por falta de oportunidades", apostilou, sobre un dirixente que tamén estivo sempre presente nas 'quinielas' para formar parte do equipo de conselleiros de Feijóo.


PESIMISTA COA REFORMA CONSTITUCIONAL


Máis aló da situación do seu partido, Pedro Puy referiuse a outros temas da actualidade política galega e española, como a reforma da Constitución e o modelo de financiamento autonómico.


Sobre o primeiro asunto afirmou que é pesimista e fixo incapié en que para abrir a reforma da Carta Magna, é necesario establecer previamente que aspectos se pretenden modificar. Así mesmo, a súa convicción é que "non é o momento adecuado", lembrando no 78 tanto os partidarios dun modelo máis centralista coma os que defendían maior autonomía, cederon.


Onde ve máis posibilidades para Galicia é na reforma do modelo de financiamento das comunidades. O portavoz popular destacou que os principios que defende Galicia están pactados co PSdeG e defendeu o proceso que está en marcha para cambiar o modelo.


"En 2009 déronnos o prato servido, e o prato servido era unha negociación que tiña que ver coas pretensións de Cataluña e na que apenas puidemos introducir ou comentar ningunha cousa", reprochou.


No seu discurso, Pedro Puy cargou contra o "populismo de esquerdas" que, ao seu xuízo, callou en España e o seu discurso de "posverdades que vilipendian a oposición".


O portavoz arlamentario criticou, ademais, o "efecto imitación" que considera que provocou noutros partidos, "sobre todo en Cataluña", onde, segundo a súa análise, o independentismo aproveitou o descontento do 15M para o seu desafío.


relacionada O PPdeG rexeita especular coa sucesión de Feijóo e pon o líder a entregar carnés
relacionada Escoitas por corrupción a dirixentes do PP colocan a Feijóo como sucesor de Rajoy

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE