Malos datos de ocupación no turismo rural galego nesta ponte
Galicia está entre as comunidades con menores cifras e Pontevedra é a segunda peor provincia.
O turismo rural alcanza o 64% de ocupación na ponte de decembro con Navarra, Euskadi e A Rioxa como as rexións con maior ocupación de aloxamentos rurais para estes días, segundo datos do buscador Toprural. Galicia, con todo, atópase entre as comunidades con menor taxa de ocupación en turismo rural para a ponte de decembro, cun 49 por cento.
Segundo a información solicitada pola plataforma a través dos calendarios de dispoñibilidade dos propietarios, só Madrid rexistra peor dato que Galicia, cun 45%, mentres Asturias iguala o 49%.
PONTEVEDRA, A SEGUNDA PEOR PROVINCIA
Por provincias, nos últimos postos da tablaestán Almería, Pontevedra e Madrid, co 33%, o 34% e o 45% de ocupación respectivamente.
Segundo o director de Comunicación de Toprural, Joseba Cortázar, plataforma pertencente ao grupo HomeAway, "a ponte da Constitución e a Inmaculada Concepción é un dos principais momentos para o sector do turismo rural, tras períodos como a Semana Santa, o Nadal ou o verán; polo que estas cifras de ocupación do 64% son un bo colofón para pechar este 2017".
Escribe o teu comentario