​Unha ILP polas axudas directas ao campo ourensán suma máis de 2.700 apoios

UUAA iniciará "en breve" contactos cos partidos galegos para solicitar o seu respaldo.


|

Saraiba 1Xeadas, saraiba e seca castigaron ao campo ourensán.


O responsable de Agricultura do sindicato Unións Agrarias (UUAA), José Ramón González, confirmou este martes que o Parlamento galego abordará en 2018 a iniciativa lexislativa popular a favor de axudas directas para a viticultura e produtores de castañas ourensáns afectados polas xeadas, a seca e a saraiba, despois de que a Xunta electoral central verificase que reunía os apoios suficientes.


Durante unha rolda de prensa en Ourense, González explicou que facían falta 2.500 firmas para que a proposta chegase ao Parlamento galego; pero que finalmente os seus promotores lograron reunir máis de 2.700 apoios para que se debata a necesidade de medidas que palíen as dificultades dos agricultores e gandeiros debido ás inclemencias meteorolóxicas de 2017.


O portavoz de UUAA explicou que a iniciativa lexislativa popular reclama axudas directas, a fondo perdido, para os produtores "ata un máximo de 15.000 euros por explotación ou 7.000 euros por hectárea de terreo afectada" polas xeadas, o pedrisco, a seca ou os incendios forestais.


A proposta tamén solicita unha bonificación do 95% das cotas á Seguridade Social e que haxa módulos de rebaixa no IRPF mentres se manteña a caída dos ingresos. Nesta liña, González lembrou que o sector do mel afrontará o ano 2018 con perdas dun "80% da súa produción".


O sindicato confirmou que "en breve" iniciarán contactos cos grupos políticos con presenza no Parlamento galego para solicitar o seu apoio á iniciativa lexislativa popular e que os resultados finais da votación ofrecerán aos produtores unha "foto fixa" dos seus respaldos na cámara galega.


FALTA DE APOIOS ECONÓMICOS


González lembrou que "cos deputados ourensáns do PP chegaría para aprobar esta iniciativa". Tamén insistiu en que a iniciativa lexislativa popular supón "SOS do rural galego e ourensán" e "unha das últimas oportunidades" para salvar a explotacións gandeiras e agrarias "ameazadas pola falta de recursos económicos".


Nesta mesma liña manifestouse o responsable de UUAA en Ourense, Carlos Basalo, que lamentou a falta de apoios económicos desde o Executivo galego para os pequenos produtores e a falta de resposta da conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, ás súas peticións para analizar a situación dos produtores ourensáns.


"O rural precisa urxentemente axudas directas, senón Ourense converterase nun coto de caza", concluíu.


relacionada Centos de persoas reclámanlle á Xunta "menos propaganda" co medio rural
relacionada Os gandeiros perderán as axudas para construír pozos pola burocracia da propia Xunta
relacionada Tractorada en Viana do Bolo a favor de axudas pola seca e as xeadas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE