O goberno de Jesús Vázquez "non fai os deberes" contra a seca

Ourense non conta co plan de emerxencias adaptado para os efectos da escaseza de auga que reclama a Xunta e a Confederación Hidrográfica.


|

Jesus vazquez ourense


O caudal do río Miño ao seu paso por Ourense debería levar "204 metros cúbicos por segundo, pero están a circular 34". Son cifras expresadas polo presidente da Confederación Hidrográfica do Miño Sil, Francisco Marín, tras a reunión da Oficina Técnica da Seca en Ourense.


Isto é, o río está seis veces máis baleiro do habitual nesta época do ano, reflexo evidente da seca que afecta a toda Galicia.


Mentres, o goberno de Jesús Vázquez segue sen contar cun Plan de Emerxencias Municipal adaptado para os efectos da escaseza de auga, unha medida reclamada pola Xunta e a Confederación Hidrográfica.


Desde a oposición municipal, Ourense en Común alerta da "extrema gravidade" desta situación e reprocha ao executivo local que "non fai os deberes" e desatende os requirimentos autonómicos.


Así, cualifica ao alcalde como "o máis neglixente" da historia de Ourense. E é que a formación recrimina que o Plan de Emerxencias Municipal "hai máis de dez anos que é obrigatorio" nos concellos de máis de 20.000 habitantes e o propio PP solicitábao desde a oposición.


Ourense en Común reclama, por tanto, que as "actuacións de urxencia" que pide a CHMS vaian máis aló das medidas adoptadas polo goberno local que "inciden soamente no consumo do Concello como institución, que representa unha pequena porcentaxe do total de consumo que inflúe na seca". Nesta liña, apostan por controlar o consumo de pozos e acuíferos e incentivar a reciclaxe de auga por parte da industria ou "cambiar as técnicas agrícolas a modelos máis sustentables".


relacionada A alerta por seca esténdese a toda Galicia á espera dun inverno chuvioso

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE