​Atopan nun monte de Carballo un cadáver que pode ser dunha persoa desaparecida

Os labores de identificación poden levar dous ou tres días, debido a que o corpo estaba en "moi mal estado".


|

Guardiacivilcoche 1


Os labores de identificación do cadáver en avanzado estado de descomposición achado o domingo nun monte do municipio coruñés de Carballo proseguen este luns.


Segundo informaron fontes próximas á investigación, aos restos achados practícanselle, ademais da autopsia, diversas probas de identificación que poden levar "dous ou tres días". Polo momento descoñécese a identidade do falecido, aínda que podería tratarse dunha persoa desaparecida na zona.


Deste xeito, as análises toxicolóxicas que se lle realizan no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña continúan para identificar o corpo que estaba en "moi mal estado", sinalaron as mesmas fontes.


Por iso, teñen que realizarlle "bastante probas" aos restos mortais o que, sosteñen as mesmas fontes, leva "bastante tempo". O corpo non levaba "nada que o identificase" e as roupas estaban "bastante roídas".


UN CAZADOR LOCALIZOU O CORPO


Foi un cazador quen atopou o cadáver en estado de descomposición nun monte situado no lugar de Goiáns de Arriba, no municipio coruñés de Carballo.


O CIAE 112 Galicia tivo constancia dos feitos sobre as 11,20 horas do domingo, tras os que avisou dos feitos á Garda Civil.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE