O xurado considera culpable ao acusado de asasinar á súa muller en Narón

O xuízo repetiuse esta semana, despois de que o TSXG declarase nulo o anterior.


|

Furgon policia xulgado


O xurado considerou culpable de asasinato a Juan Fraga Allegue, o veciño de Narón acusado de matar á súa muller en decembro de 2015 no domicilio familiar.


Concretamente, a decisión, co voto favorable de oito integrantes do xurado e un en contra, declarou ao acusado culpable de asasinato ao entender que houbo aleivosía, segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O xurado mostrouse non favorable ao indulto.


O xurado comezou á primeira hora do venres a deliberación tras un xuízo celebrado por segunda vez ao declarar nulo o primeiro o TSXG, por falta de motivación no veredicto.


Ao longo da semana, e cun xurado integrado por seis mulleres e tres homes, celebrouse a vista contra este octoxenario para o que a Fiscalía pedía 15 anos de prisión por un delito de homicidio, solicitude que a acusación particular, que representou un dos seus fillos, elevou a 20 anos de cárcere por asasinato. A defensa pediu a absolución.


XUÍZO


Na primeira sesión, do mesmo xeito que fixo no primeiro xuízo, o home negou os feitos alegando que atopou á súa muller "ensanguentada" cando regresou a casa.


Con todo, para a Fiscalía o ancián atacou á súa muller, coa que levaba casado 40 anos, "dándolle varios golpes moi violentos na cara, algún deles probablemente contra a parede da habitación, ata que conseguiu deixala aparvada".


Posteriormente, segundo o relato fiscal, agarrouna por detrás e "propinoulle sucesivos cortes cun coitelo moi afiado primeiro na cabeza, logo no lado dereito da cara e finalmente en pescozo". Mentres que para a Fiscalía tratouse dun homicidio, para a acusación particular os feitos foron constitutivos dun delito asasinato con concorrencia de aleivosía e ensañamento.


relacionada O TSXG ordena repetir o xuízo do home condenado por asasinar á súa muller en Narón
relacionada Condenado a 20 anos de prisión polo asasinato da súa muller en Narón

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE