Navantia poxa con dous socios australianos para construír 15 fragatas en Canadá
Prevén fabricar as unidades no país americano e a proposta ofertaba baséase na F-105 'Cristóbal Colón', construída en Ferrol.
Fragata 'Cristóbal Colón', construída en Ferrol.
A empresa naval pública Navantia presentou conxuntamente con outros dous socios tecnolóxicos australianos, SAAB Australia e CEA Technologies, unha proposta para elaborar o proxecto de construción de 15 fragatas para a Armada de Canadá, cuxa iniciativa está baseada na fragata F-105 'Cristóbal Colón' da Armada Española, cuxa construción se executou no estaleiro de Ferrol.
E nela tamén están baseadas as unidades construídas neste centro produtivo tanto para a Armada de Noruega como para Australia, programa este último aínda en execución.
En canto aos socios desta oferta, o presidente de Navantia, García Vilasánchez abundou en que Saab Australia será "o integrador de sistemas de combate", un fabricante cuxas prestacións están máis que recoñecidas, xa que o seu sistema está presente en 240 buques pertencentes a 16 países diferentes, atopándose entre os seus clientes Canadá, mentres que CEA Technologies, encargaríase de "proporcionar elementos clave para a solución proposta".
Este programa que pretende executar o Goberno de Canadá contempla o substituír os destrutores clase 'Iroquois' e as fragatas clase 'Halifax', actualmente en activo, sendo de apuntar que a construción das unidades realizarase en estaleiros de Canadá, nun programa que establece o ano 2020 como data de inicio.
Escribe o teu comentario