O busto de Fraga roubado en Vilalba sae á venda en Wallapop
"Véndese por pouco uso" ou cámbiase "por outro busto interesante", reza o anuncio.
O busto foi vítima de varios ataques.
"Véndese por pouco uso" ou cámbiase "por outro busto interesante", reza un anuncio aparecido na aplicación móbil de compravenda Wallapop que di vender o busto de Fraga desaparecido do seu pedestal en Vilalba na madrugada do día 15 deste mes.
O busto, de bronce, colocado na vila natal do ex presidente autonómico, xa foi vítima doutros roubos e ataques con pintura nos últimos anos. Nesta ocasión, con todo, o alcalde vilalbés expresou hai case dúas semanas a súa impresión de que "esta vez non aparece" e adiantou a intención de aproveitar o molde de hai 40 anos para facer unha réplica.
Capturas do anuncio publicado.
En canto ao anuncio, xa non aparece en Wallapop, pero tampouco serviría de moito aos axentes que investiguen o roubo.
Escribe o teu comentario