A economía galega mantén o ritmo de crecemento, pero caen as exportacións

O PIB galego crece un 0,8% no terceiro trimestre, coma a media, e acumula oito trimestres con subidas anuais do 3% ou máis.


|

Téxtil teas



A economía galega creceu un 0,8% no terceiro trimestre, unha décima menos que no segundo, como a media, de acordo cos datos das contas económicas trimestrais que publica este xoves o Instituto Galego de Estatística. En relación co mesmo trimestre de 2016, o produto interior bruto (PIB) experimenta un incremento que alcanza o 3,1%.


Desta forma, a comunidade acumula oito trimestres consecutivos crecendo en taxa interanual un 3% ou máis: 3% no cuarto trimestre de 2015, 3,1% no primeiro de 2016, 3% no segundo, 3,3% no terceiro, 3,1% no cuarto, 3% no primeiro de 2017, 3,2% no segundo e este 3,1% no terceiro.


No conxunto estatal, o PIB experimentou a mesma evolución, cunha subida de oito décimas intertrimestral e unha taxa anual situada no 3,1%.


En termos de emprego, a comunidade galega rexistrou un aumento interanual do 2% no terceiro trimestre de 2017, unha décima inferior á do segundo.


Ao lado da demanda, o gasto dos fogares e das institucións sen fin de lucro ao servizo dos fogares repuntou un 0,4%.


A demanda interna en termos nacionais experimentou un aumento do 0,9%, mentres que, en taxa trimestral, baixaron en Galicia tanto as exportacións (-2,9%) como as importacións (-2,8%). As exportacións, con todo, manteñen unha taxa anual positiva, do 0,7%.


relacionada Por cada dez galegos ás portas da xubilación chegan dous ao mercado laboral
relacionada A economía galega subiu un 3,6% en setembro con respecto ao ano pasado

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE