A economía galega subiu un 3,6% en setembro con respecto ao ano pasado
O sector turistico, a matriculacion de coches e o consumo de gasolina son os sectores que experimentan maior crecemento.
A economía galega sufriu un aumento do 3,6% no terceiro trimestre do ano. De modo que a actividade. Estes datos, facilitados polo Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica, supoñen unha media superior á rexistrada en setembro do ano pasado.
Ademais, segundo explicou o Foro Económico de Galicia a través dun comunicado, o crecemento da actividade no terceiro trimestre "mantense estable e elevado", cun 0,9 por cento. Con estes datos, anticipou que o comportamento do PIB galego no conxunto do terceiro trimestre do ano será "semellante ou lixeiramente máis expansivo" que no segundo.
En termos interanuais, as variables que experimentan maiores crecementos son as referidas ao sector turístico, o consumo de gasolina e a matriculación de coches.
Escribe o teu comentario