Alfonso Rueda fai un amplo repaso á actualidade de Galicia
O vicepresidente falou dos orzamentos da comunidade, os incendios, a seca e o modelo de emerxencias.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou que o Goberno galego "fai todo o posible" para que Galicia teña "o que merece e o que necesita" ante o debate aberto sobre o novo modelo de financiamento autonómico. Á súa vez, mostrou a súa confianza en que a comisión parlamentaria sobre os incendios forestais sirva para chegar a "acordos" entre os diferentes grupos políticos e, desta forma, adoptar medidas "que duren no tempo".
Ante a constitución da comisión sobre os incendios forestais, Rueda apuntou que espera que "todas as forzas políticas" sexan capaces de "pactar" e chegar "ao acordo, polo menos no básico". "Será a maior garantía, despois de escoitar aos expertos, para que se apliquen e sexan realmente efectivas", asegurou Rueda, antes de engadir que por parte da Xunta e o PP "vai ser así", confiando en que os outros grupos sexan capaces de dar exemplo nun asunto “fundamental” para Galicia.
O número dous do Executivo autonómico tamén se referiu á "moi complexa" situación que vive a comunidade por a escaseza de choivas e que "espera" non provoque restricións ao consumo de auga. "Hai que tomar medidas e medidas urxentes", asegurou, para logo incidir en que a cidadanía debe "concienciarse" de que hai que aforrar auga, á vez que apuntou a que este asunto debe estar fóra da disputa política.
Ademais, aproveitou para lanzar unha mensaxe a Abel Caballero, alcalde de Vigo. "O alcalde de Vigo dicía fai tres meses que a cidade non ía ter ningún problema de abastecemento de auga e agora está a dicir que queda auga para tres días", engadiu Rueda, que pide "seriedade" á hora de afrontar solucións para a seca. Nesta liña, negou que a Xunta cometese algún erro de previsión, xa que, segundo Rueda, o Goberno autonómico "leva activando os sucesivos plans necesarios desde hai moito tempo".
BOMBEIROS E SUCESIÓN
Cuestionado sobre o cambio no modelo de emerxencias no que traballa a Xunta xunto ás distintas administracións e entidades implicadas, o vicepresidente galego ha chamado a dar un paso "ambicioso" para lograr que o 95% do territorio e da poboación de Galicia gocen dunha cobertura profesional. "Iso supón seguir dando pasos, poñer recursos públicos encima da mesa e que colaboremos todas as administracións", remarcou, para, de novo, incidir en deixar aparcado neste asunto o debate partidario.
En canto á creación de parques de bombeiros comarcais con sede nas cidades, Rueda apuntou a Santiago como o lugar onde podería probarse este modelo, unha idea que xa foi tratada co goberno da capital galega. A intención é que "sen deixar desprotexida a cidade", os parques de bombeiros dean "un servizo da mesma calidade aos concellos da contorna". "Santiago sería un sitio perfecto para empezar esta experiencia", recalcou.
Por último, o número dous do Executivo galego ha esquivado as cuestións que o sitúan como o ffuturo substitución de Feijóo no PPdeG. Para o tamén presidente do PP de Pontevedra, o modelo de xestión do equipo de Feijóo "sería trasladable a outros sitios, como o Goberno de España", aínda que expresou que o seu "desexo" e o de "moitísima xente" sería que "a situación seguise exactamente igual".
Escribe o teu comentario