O PSOE propón ilegalizar entidades fascistas como a Fundación Francisco Franco

"A democracia pode soportar calquera cousa, menos financiar aqueles que queren acabar con ela", reprochan os socialistas.


|

FranquistasActo de Democracia Nacional.


O PSOE avanzou que presentarán unha proposta para prohibir as fundacións ou entidades que enaltezan o fascismo e "a memoria da sinistra ditadura que viviu España".


Diso informaron o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e o secretario de xustiza do PSOE, Andrés Perelló, nunha comparecencia de prensa celebrada este sábado.


Así, os socialistas apostan por crear un "novo marco" que "poña fin" a aquelas entidades que "teñen como finalidade promover ditadores ou dirixentes que restrinxiron liberdades políticas e económicas".


Deste xeito, a proposta afectaría tamén as fundacións "xa constituídas" como a Fundación Nacional Francisco Franco.


Perelló indicou que, a diferenza de Alemaña, onde o enaltecemento do nazismo "está tipificado no código penal", en España "non só non está tipificado", senón que estas entidades "se financian con diñeiro público".


"A democracia pode soportar calquera cousa, menos financiar aqueles que queren acabar con ela", expresou Perelló, para o que é necesario crear "un novo marco político" en España adaptado "ao século XXI".


O responsable de xustiza do PSOE a nivel federal atópase en Galicia esta fin de semana, onde mantivo encontros con varias agrupacións, ás que trasladou as propostas socialistas para a reformulación do "marco de liberdades" actual.


Entre estas propostas, ademais da mencionada ilegalización de fundacións que enaltezan o fascismo, inclúense medidas coma o dereito á "morte digna" ou a introdución de cláusulas de transparencia "como elemento de control xudicial" para os contratos de bancos e empresas.


relacionada A Fiscalía abre dilixencias contra a Fundación Franco por posibles delitos de odio
relacionada A petición para que se ilegalice a Fundación Franco supera as 200.000 firmas
relacionada A Fundación Franco insiste no seu desprezo ás vítimas do franquismo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE