As enfermeiras galegas séntense aínda máis "queimadas" que no resto de España
Unha enquisa do sindicato SATSE reflicte que a maioría entende que os recortes provocaron peor atención aos pacientes.
Sete de cada dez profesionais de enfermería en Galicia sofren a síndrome do profesional "queimado" e oito de cada dez, estrés. Ademais, practicamente todas as enfermeiras consideran que o ambiente laboral se deteriorou nos últimos anos e 8 de cada dez están convencidas de que a atención que se presta aos pacientes no Sistema Sanitario empeorou.
Estas son algunhas das principais conclusións en Galicia do Estudo "Percepción de estrés nos Profesionais de Enfermería en España. Comparativa 2012-2017", que elaborou o Sindicato de Enfermería, SATSE, grazas á opinión reflectida polo colectivo a través dunha enquisa realizada a enfermeiras en activo de todo o país durante os meses de febreiro e marzo. Nel móstrase que os datos en Galicia son peores, en xeral, que a media española.
Na súa presentación, a Secretaria Autonómica de SATSE en Galicia Carmen García Rivas, explicou que o principal obxectivo do estudo foi realizar un diagnóstico sobre a situación actual dos profesionais enfermeiros (saúde, condicións laborais...) e do noso sistema sanitario, así como a súaevolución nos últimos anos despois dos recortes en recursos humanos e materiais sufridos en todos os servizos de saúde.
RESULTADOS
Os principais resultados do estudo son que oito de cada dez profesionais (81,25%) séntese estresado, sete de cada dez (70,83%), "queimado" e sete de cada dez (70,83%) sofre esgotamento emocional. Así mesmo, moitos profesionais manifestan doenzas e síntomas físicos, Por exemplo, un 97,83% padece tensión muscular; un 93,62%, nerviosismo, temor ou angustia; un 52,5% sofre problemas sexuais, e un 89,36% ten trastornos do sono.
Galicia | España | |
Empeoraron as túas condicións de traballo nos últimos anos a consecuencia dos recortes? | 97,92% | 89% |
Séntense estresados | 81,25% | 80% |
Séntese "queimado" | 70,83% | 51% |
Agotamento emocional | 70,83% | 71% |
Tensión muscular | 97,83% | 96% |
Nerviosismo, temor ou angustia | 93,62% | 90% |
Problemas sexuais | 52,5% | 44% |
Trastornos do sono | 89,36% | 85% |
A atención aos pacientes empeorou | 85,42% | 72% |
Non hai persoal suficiente | 87,50% | 81% |
Non dispón de tempo suficiente na xonrnada laboral para atender os pacientes como desearía | 85,42% | 83% |
Empeoraron as súas condicións de traballo | 97,92% | 89% |
O ambiente laboral deteriorouse | 95,83% | 86% |
Escribe o teu comentario