Pablo Crespo non pide indulto a Baltasar Garzón polo Caso Gürtel

O proceso está a ser moi "politizado e mediatizado", segundo declarou o avogado do numero 2 da trama corrupta


|


Crespo


O avogado do número 2 da Trama Gürtel, Miguel Durán, explicou que Pablo Crespo "non se adhire á petición de indulto ao exjuez da Audiencia Nacional Baltasar Garzón", como si fixo o xefe do coñecido caso de corrupción, Francisco Correa.


Miguel Durán, nunha entrevista en Canle Sur Televisión, defendeu que o proceso está a ser moi "politizado e mediatizado" e que cre na inocencia do seu cliente, o ex secretario de Organización do PP galego. Tamén sinalou que "agora toca esperar" pola "chea" de nulidades pendentes de casación no Supremo.


Doutra banda o presunto xefe de 'Gürtel', Francisco Correa, ademais de pedir indulto a Baltasar Garzón, ofreceu a súa colaboración á Fiscalía para "aclarar todas as causas pendentes" sobre a trama corrupta, pero pediu facelo en liberdade ata que as sentenzas na súa contra sexan firmes. 

relacionada Correa, sobre a trama Gürtel: "É unha montaxe que se creou para facer dano ao PP"
relacionada Os sobresoldos a dirixentes do PP puideron repartir en negro ata 6 millóns de euros

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE