A seca obriga a limitar a rega en parques e a limpeza nas rúas
As restricións de auga chegarán ata o "mínimo imprescindible"
Parque de Bens, A Coruña.
Galicia está en alerta por seca, e A Coruña non vive á marxe deste problema. Desde o Concello da cidade herculina han limitado desde este fin de semana ao "mínimo imprescindible" a rega de parques e xardíns e a limpeza das rúas ante o risco de seca.
Mediante un comunicado o concello manifestou estas restricións, limitando a limpeza viaria a unha maquina baldeadora na zona de maior concentración hostaleira o xoves e o domingo, mentres que o resto de zonas dependerán da necesidade segundo "incidencias puntuais".
Segundo apunta a concelleira de Medio Ambiente, María García, as medidas que se manteñen son aquelas que "resultan necesarias para manter a cidade en condicións de limpeza e salubridade". Así, o consistorio só manterá o sistema de rega no arboledo novo, xa que no resto de zonas verdes a situación atmosférica permite asumir estas limitacións.
Así mesmo, o consumo das fontes ornamentais da cidade e outros elementos destas características xa "se está vendo restrinxido para minimizar o gasto innecesario". Esta serie de medidas súmanse ás acordadas cos municipios da área metropolitana da Coruña, como o control do consumo de auga en edificios e instalacións municipais e o control das perdas da rede de abastecemento. A clave para que non aumenten as restricións é facer un consumo responsable da auga nestes momentos de seca.
Escribe o teu comentario