Unha de cada tres persoas no mundo non ten acceso a un saneamento básico

Este domingo celébrase o Día Mundial do Retrete, impulsado pola ONU, para salientar a importancia deste servizo público.


|

SaneamientoamazonasImaxe do capítulo 'On the water'. Foto: Viaqua


A pesar de que o sexto dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable de Nacións Unidas establece "garantir a dispoñibilidade de auga e a súa xestión sustentable e o saneamento para todos", unha de cada tres persoas no mundo segue sen ter acceso a un simple retrete ou letrina.


Para lembralo, este domingo, 19 de novembro, celébrase o o Día Mundial do Saneamento ou Día Mundial do Retrete, co lema 'Wastewater: augas residuais'. Unha xornada que ten com propósito "recalcar a importancia de xestionar as augas residuais como unha fonte infravalorada e sustentable de auga, enerxía, nutrintes e outros subproductos recuperables, en lugar de algo que se debe eliminar ou unha molestia que se debe ignorar".


E como chamada de atención sobre esta situación, Fundación ONCE, Fundación Aquae e ViAQUA uníronse para dar forma ao capítulo 'On the water' da serie de animación 'ON Fologüers'. Tal e como informan nun comunicado, a historia sitúase na Amazonía peruana, onde o 85% da poboación non ten acceso a auga potable, a pesar de contar co río máis caudaloso do mundo.


PROXECTO REAL NO AMAZONAS


O episodio baséase no proxecto de cooperación "Auga limpa e saneamento na Amazonía peruana", impulsado en 2014 xunto a UNICEF. Con el, contribúen a mellorar o acceso a auga segura e a servizos de saneamento básico.


Como parte deste proxecto, construíronse letrinas ecolóxicas, impartíronse cursos de formación en hábitos de hixiene, instaláronse novos sistemas de potabilización da auga, e tamén se crearon sistemas de recollida de auga de chuvia, mellorando así a xestión de augas residuais.


Todas estas accións lévanse a cabo sobre o terreo en colaboración coa ONG Arkana Internacional e as autoridades locais e, no últimos tres anos, contribuíu a mellorar considerablemente as condicións de vida de 5.000 familias de 15 comunidades rurais desta zona de Perú.


Aguasaneamientolatinoamerica


AUGA SEGURA


Segundo o novo informe da Organización Mundial da Saúde (OMS) e de UNICEF, 2.100 millóns de persoas carecen de acceso a auga potable e dispoñible no fogar e 4.500 millóns non dispoñen dun saneamento seguro, "o que leva unhas consecuencias dramáticas para a saúde, a dignidade e a seguridade destas persoas, así como para o medio ambiente e o desenvolvemento social e económico".


Máis de 1.000 nenos morren ao día por enfermidades tan "triviais" desde a nosa perspectiva como a diarrea, a consecuencia dun saneamento deficiente, falta de hixiene ou auga non potable. E unha de cada dez persoas no mundo non ten máis opción que defecar ao aire libre, o que provoca que moitas mulleres e nenas sexan violadas.


relacionada Novo capítulo de 'On Fologüers' dedicado ao Día Mundial do Saneamento

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE