Novo capítulo de 'On Fologüers' dedicado ao Día Mundial do Saneamento
A serie, iniciada pola fundación ONCE e en colaboración con Viaqua e Aquae, centra o seu novo capítulo na problemática do sanemiento a nivel mundial
Con motivo da celebración do Día Mundial do Saneamento ou Día Mundial do Retrete de Nacións Unidas, a fundación ONCE publicou, en colaboración con Viaqua e a Fundación Aquae, un novo capítulo da serie de animación "ON Fologüers" sobre saneamento.
"ON Fologüers" tivo o seu inicio en 2016 da man da Fundación ONCE, e persegue que os mozos vexan a discapacidade dunha forma normalizada e inclusiva. Este capítulo en concreto busca concienciar, en clave de humor, sobre a escasa ou nula accesibilidade da que dispón unha gran parte da poboación mundial a un saneamento de calidade.
Unha de cada tres persoas no mundo non ten acceso a unha ducha de auga quente ou a un simple retrete, nin se lle garante a potabilidade da auga dunha billa. En consecuencia, entre os principais Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable de Nacións Unidas atópase o "garantir a dispoñibilidade de auga, a súa xestión sustentable e o saneamento para todos".
Escribe o teu comentario