Instalarase unha rede de videovixilancia naquelas parroquias de maior risco incendiario

Serán un total de 34 cámaras de seguridade, cuxo funcionamento se iniciará a partir de maio de 2018


|


Incendios 2


A Xunta de Galicia pretende instalar unha rede dixital de videovixilancia naquelas zonas e parroquias de alta actividade incendiaria, co fin de mellorar as políticas de prevención de incendios. Espérase que o proxecto estea en funcionamento a partir de maio de 2018 cun total de 34 cámaras de seguridade na súa primeira fase.


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, indicou que o conxunto de cámaras cubrirá o 48% do territorio e as 73 parroquias nas que exista maior perigo por incendios. O sistema permitirá unha vixilanza 24 horas dos montes en tempo real, así como a xeolocalización do punto exacto que e esté observando. Doutra banda, Feijoo expuxo as 12 medidas que Medio Rural presentou esta semana á Federación Galega de Municipios e Provincias, e que teñen como obxectivo axilizar a limpeza de leiras abandonadas e habilitar a súa expropiación e intervención directa sen orde xudicial.


Ademais, os costes de extinción poderán ser repercutidos a aqueles propietarios que incumpran a súa obriga de manter limpo o monte, que manteñan abandoadas e sen limpar as súas parcelas ou que ignoren as distanciás mínimas establecidas pola Lei de montes.


A crítica de a oposición socialista en Pontevedra 


A presidenta socialista da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, tachou de "deleznable e inmoral" que o Partido Popular ofreza "o seu contacto directo" coa Xunta para "axilizar" a liña de axudas aberta para reparar os danos de recentes incendios. "Dende cando as axudas públicas se xestionan dende a sede dun partido político?", preguntou.


A mandataria socialista ha criticado que o PP "confunda as institucións onde goberna coa súa organización", tras ser informada por dous alcaldes da provincia pontevedresa de que o Partido Popular estaba "convocando aos veciños con representantes da Xunta de Galicia para axilizar as axudas dos incendios".


Pontevedradiputacion


O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, explicou que a reunión celebrada na sede do PP de Nigrán, onde ofreceron o seu "contacto directo" coa Xunta para axilizar consultas de axudas por incendios", prodúcese porque o Concello non lle reclamou á Xunta de Galicia que fixese ningunha reunión informativa. "Por tanto foi o Partido Popular a petición de moitos veciños que había alí como podía ser calquera outro partido", sinalou.

relacionada "A única solución para atallar os incendios pasa por conseguir que exista actividade rural"
relacionada Axilizarase a limpeza de leiras abandoadas en favor da prevención de incendios

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE