O "abandono" do rural, motivo dunha manifestación en Santiago o sábado 18 de novembro

Agricultores e gandeiros galegos daranse cita na capital compostelá para solicitar máis axudas para o sector e máis cobertura no rural.


|


CszAonPWEAATsCV


Santiago de Compostela acollerá o vindeiro sábado 18 de novembro a manifestación contra o "abandono do rural" por parte da Xunta. Nela, agricultores e gandeiros de toda a comunidade esixirán ás institucións máis axudas para o sector Agricultores e gandeiros galegos daranse cita na capital compostelá para solicitar máis axudas para o sector e máis cobertura no rural.


A concentración sairá ás 12:00 horas da Alameda e percorrerá diversas rúas do centro da capital de Galicia. Finalizará á entrada da Consellería do Medio Rural, no edificio administrativo de San Caetano. A organización 'Unións Agrarias' busca reivindicar coa macrha "a colección de promesas falsas de axudas coas que o Goberno de Feijóo trata de tapar a falta de sensibilidade cara aos habitantes do rural"


O transporte, a sanidade e a educación son moitas das carencias do rural galego, focalizado principalmente no interior de Galicia. O clima e a vaga de incendios provocou que este fose un ano particularmente duro para os habitantes do rural. Ante isto, censura que Medio Rural activou "unha campaña de anuncios de axudas" que denuncia que en realidade "resultan incobrables en gran medida".

relacionada O envellecemento do rural e o reto demográfico convértense nunha prioridade europea

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE