Orde de afastamento para os propietarios dunha cadela arroxada desde un piso

O caso está a ser tratado polo xulgado de Lugo, que busca esclarecer se se trata dun caso de malos tratos animais.


|


Fotonoticia 20151003111537 640


O Xulgado de Instrución número 1 de Lugo decretou unha orde de afastamento contra os donos dunha cadela á que, supostamente, a parella arroxara ao baleiro desde un piso na rúa Camiño Real de Lugo.


Os donos do can están a ser investigados por delitos de malos tratos animais e teñen unha orde de afastamento dunha distancia mínima de 500 metros da cadela. Os feitos sucederon o 1 de novembro e desde os xulgados téntase esclarecer se a caída do animal foi un accidente ou un acto deliberado.


Á súa vez, o auto xudicial autoriza á Sociedade Protectora de Animais de Lugo á tutelar a custodia do animal, que se atopa á espera de recibir o alta despois de ser operada no Hospital Clínico Veterinario Rof Codina. A presidenta da sociedade protectora, Virginia Torrecillas, confirmou que os informes da clínica veterinaria serán cursados polo xuíz instrutor á vez que destacou a necesidade de dar visibilidade aos malos tratos animais, xa que segundo a organización estas situacións prodúcense con frecuencia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE