Exportarase leite condensado desde Pontecesures a distintos países de Oriente Medio
Emiratos Árabes, Bahréin, Kuwait ou Catar son algúns dos países que recibirán o produto galego
A fábrica de Nestlé de Pontecesures, en Pontevedra, deu inicio á produción dos primeiros botes de leite condensado que se exportarán a diversos mercados de Oriente Medio, como Emiratos Árabes, Bahréin, Kuwait, Omán, Catar e Arabia Saudita.
A previsión de Nestlé España ao redor da produción láctea desde a factoría de Pontecesures e para 2018 rolda as 9.500 toneladas de leite condensado, o que supón un 20% do volume total da produción. Doutra banda, para este 2017 estiman a elaboración de 40.000 toneladas de leite condensado, leite evaporado, doce de leite e cocido de leite, das que ata un 50% expórtase a distintos países de Europa.
A compañía destaca que a importante mellora de rendemento destinada á exportación a Oriente Medio débese ao incremento do 30% da capacidade da liña de proceso, que permite a elaboración de leite condensado a partir do leite fresco das principais explotacións galegas.
Escribe o teu comentario