Os gandeiros galegos achéganse á media española do prezo do leite

En setembro recibiron de media 31,1 céntimos por litro, o máximo desde a fin das cotas lácteas.


|

Lechevasojarra


Os gandeiros galegos recibiron de media en setembro 31,1 céntimos polo litro de leite, o que supón o prezo máis alto desde 2014 e tras o final das cotas lácteas (que tivo lugar en abril de 2015).


Con todo, o prezo que se paga en Galicia segue sendo o máis baixo en todo o Estado, aínda que recorta distancias coa media (32,2 céntimos). As seguintes autonomías nas que menos se aboa son Cataluña, Aragón e Baleares (31,17 céntimos). Nas que máis se paga na Península son País Vasco e Asturias (34,3 céntimos).


En setembro, os 31,1 céntimos que recibiron os produtores galegos supoñen case un céntimo máis que en agosto (30,3 céntimos). Na comparativa interanual, son preto de tres céntimos máis.


O prezo do leite na Comunidade arrincou o ano en 30,3 céntimos, e tras lixeiras baixadas entre marzo e xuño volve a repuntar de forma ininterrompida desde xullo.


CAÍDA DO NÚMERO DE GRANXAS


Pola súa banda, o número de produtores con entregas non deixa de descender. Son 8.163 en setembro, unhas 300 granxas menos que as 8.476 coas que comezou Galicia 2017.


Sobre este extremo, a Consellería do Medio Rural apunta que o peche de explotacións dos últimos tempos "débese, na maioría dos casos, a cambios na titularidade", así como a que "outras cambian a súa orientación produtiva" cara á venda de carne, por exemplo. "Agrúpanse noutras máis grandes e eficientes ou ben pechan, pero fano por xubilación dos seus titulares ou debido ao seu pequeno tamaño".


No tocante á produción, alcanza as 214.141,9 toneladas en Galicia, o que se traduce nunha baixada fronte ás 224.141,9 de agosto. Con todo, supón un 5,65% máis en comparación ao mesmo mes de 2016.


relacionada O SLG estuda denunciar a "manipulación" dos prezos do leite
relacionada Etiquetas diferenciadas para recoñecer o leite procedente de granxas sustentables
relacionada O sector lácteo, o esquecido da reunión entre Feijóo e Competencia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE