CCOO conta con que os despedimentos de Gamesa non afecten ás dúas plantas galegas

Estima que só terá incidencia en postos de mantemento de Santiago, e UGT propón baixas voluntarias e prexubilacións


|

Gamesaaerogenerador


Siemens Gamesa comunicou aos sindicatos a súa previsión de despedir a 408 traballadores no próximos tres anos nas diferentes plantas que a compañía ten distribuídas por toda España.


Gamesa conta con dúas plantas en Galicia con 358 empregados, unha fábrica de pas no Concello das Somozas e outra de reparación de multiplicadoras --pezas para o xiro dos aeroxeradores-- en Sigüeiro, no municipio de Oroso.


Segundo explica a Europa Press, Francisco Méndez, o responsable estatal de renovables de CC.OO., prevese que a incidencia dos despedimentos en Galicia "sexa moi pouca", de forma que non afecte a ningunha destas dúas plantas, e tan só a algún posto de traballo dos 44 cos que conta a unidade de mantemento en Santiago, aínda que non hai cifras pechadas.


Pola súa banda, segundo informou a empresa a Europa Press, na reunión que se celebrou por vídeo conferencia este luns cos sindicatos, trasladouse á representación sindical que a previsión é despedir a 408 traballadores en España, dos cales 341 serían durante 2017, contando desde o pasado 30 de setembro.


O próximo 23 de novembro celebrarase a primeira reunión da mesa negociadora, na que esperan que a multinacional achegue datos e concrete as súas intencións.


PROPOSTA DE UGT


Pola súa banda, a Federación de Industria, Construción e Agro de UGT (UGT Fica) rexeitou os plans anunciados este luns por Siemens Gamesa de despedir a un total de 408 traballadores en España e propuxo á dirección da compañía que, no caso de que se produza algún axuste de persoal, sexa negociado e se leve a cabo mediante baixas voluntarias e prexubilacións.


UGT Fica denunciou que os traballadores procedentes de Gamesa sufriron distintas reestruturacións desde o ano 2012, tanto corporativas como operativas, e lembrou á dirección de Siemens Gamesa que no seu día se comprometeu a que a fusión non afectase ao emprego e que, no caso de que se levase a cabo "algún axuste puntual", sería a través de medidas negociadas cos sindicatos e de carácter "non traumático".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE